Nehodí se? Vůbec nevadí! Zboží můžete vrátit až do 30 dní
S dárkovým poukazem nešlápnete vedle. Obdarovaný si za dárkový poukaz může vybrat cokoliv z naší nabídky.
Až 30 dní na vrácení zboží
–E que lle queres –respondeu o tío– se vivo nun mundo de tolos coma este? Bo Nadal! Xa está ben de Nadal! Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para pagar facturas sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano máis vello e nin sequera un chisco máis rico; unha época para facer balance da contabilidade e encontrar todos os gastos de doce meses a deber? Se aquí mandase eu –dixo Scrooge indignado–, a todos eses idiotas que andan por aí con iso de «bo Nadal» na boca habían de queimalos vivos e enterralos cunha estaca de acivro chantada no corazón. Ala! –Tío! –queixouse o sobriño. –Sobriño! –respondeulle o tío de mal xenio–. Ti queda co teu Nadal e a min déixame co meu. –Co seu Nadal! –replicou o sobriño de Scrooge–. Pero se vostede non celebra o Nadal. Ambientado en Londres na época victoriana, “Canto de Nadal” é un clásico inesquecible da literatura universal ilustrado por un dos máis prestixiosos artistas internacionais. KALANDRAKA preséntao nunha coidada edición para gozar dunha lectura que enxalza o espírito navideño. Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida
Ahoj! Jsem Libroamiko, tvůj knižní rádce.
Jak ti můžu pomoct?